navegando libres
Quen somos?
A área de Igualdade do IES Politécnico de Vigo traballa para conseguir un centro coeducativo, libre de discriminación e respectuoso con todas as diversidades, en que todos e todas as estudantes teñan o mesmo dereito a unha educación de calidade nun ambiente escolar seguro.
Cales son os nosos obxectivos:
-
Velar pola igualdade entre homes e mulleres no centro educativo.
-
Promover o libre desenvolvemento da personalidade de cada persoa.
-
Impulsar medidas educativas que fomenten a igualdade real entre homes e mulleres.
-
Promover e impulsar medidas educativas que fomenten o respecto pola diversidade afectivo-sexual, familiar e de identidade de xénero.
-
Dinamizar a resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social.