top of page

IGUALDADE NA CASA

Feminismos reunidos. O Trivial Feminista de Sangue Fucsia.

A revolución empeza no teu salón é un xogo de mesa de preguntas e respostas que pon a proba os teus coñecementos sobre pensamento e práctica feminista, historia das mulleres, diversidade sexual, cultura en feminino, activismo, etc.

Non importa o teu nivel académico, cuantos puntos teñas no teu carné activista, nin a tendencia feminista coa que máis che identifiques. Aquí o importante é aprender e divertirse, porque a loita empeza xogando. cartóns-fondo-amarelo 

Grandes Damas é un xogo de damas no que cada unha das 24 fichas representa a unha gran muller e é ademais un libro de biografías, no que se narran en forma de conto as apaixonantes vidas e fazañas das nosas protagonistas; todos os contos están acompañados dunha bonita ilustración de gran formato. Todas estas mulleres, de diferentes lugares, tempos e culturas, foron capaces de superar as barreiras e crear a súa propia historia. Algunhas destas mulleres foron recoñecidas e forman parte da historia da humanidade; moitas outras foron descoñecidas, ignoradas e mesmo escondidas, e mesmo hai outras que só existen na imaxinación das persoas.

As meigas de Farrabús

Querendo dobregar o carácter da súa prometida, o Príncipe Azul ordea ao mago do Reino de Farrabús a elaboración dunha poción que lle faga comportarse como as princesas dos contos; pero a súa maxia fóiselle das mans e está a afectar a mozos e mozas da aldea... Só coa axuda das bruxas poderedes deter o maleficio, se sodes capaces de penetrarvos no perigoso bosque, xogar en equipo e atopar os elementos máxicos que se necesitan para desfacer o esconxuro (o espello da autoestima, o escudo de Non é Non, un pétalo da nosondeninguén, a chave que abre o cadeado do amor escravo, unha bágoa de troll sensible...).

A mochila violeta

Editada pola Diputación de Granada, é unha guía de lectura infantil e xuvenil non sexista e coeducativa, con pautas para elixir libros que eduquen en igualdade e que traten temas de educación afectivo-sexual, a diversidade familiar, a prevención da violencia de xénero, a visibilización das mulleres na historial...

Descarga a guía clicando na imaxe

Material educativo sobre o traballo na casa, a dobre xornada, a corresponsabilidade. 

Pequeno manual de reflexión sobre a violencia ás mulleres e o que supón a educación desde as idades máis novas para cambiar certos comportamentos que, non por telos interiorizados,  son menos machistas.

Material que aposta pola sensibilización e concienciación á comunidade educativa e ás familias sobre a importancia e necesidade de lograr un equilibrio no fogar das responsabilidades familiares e os traballos domésticos. 

bottom of page